CRTVG

Buscar

O Supremo confirma que Otegi estará inhabilitado ata febreiro de 2021

Publicado o 14/09/2017 16:16
O Supremo confirma que Otegi estará inhabilitado ata febreiro de 2021

O Tribunal Supremo rexeitou o recurso que interpuxo a defensa do portavoz de Batasuna Arnaldo Otegi contra a decisión da Audiencia Nacional de estender a inhabilitación á que foi condenado -que implica a prohibición de presentarse a unhas eleccións ou ocupar un cargo público- ata o 28 de febreiro de 2021.

A Audiencia Nacional rexeitou a pretensión da defensa de Otegi de revogar a data de inhabilitación por entender que a sentenza do caso Bateragune -por intentar reconstruír a ilegalizada Batasuna- pola que fora condenado non especificaba que cargos podería ou non podía exercer como inhabilitado.

O avogado de Otegi, Iñigo Iruin, sustenta o seu recurso en que a inhabilitación especial para o exercicio do dereito ao sufraxio pasivo imposta pola Audiencia Nacional é unha pena accesoria e non principal e extínguese co final da pena de cárcere.

Otegi abandonou a prisión o 1 de marzo de 2016, polo que ao seu xuízo xa non debería estar inhabilitado para exercer cargos públicos. O alto tribunal rexeitou estes argumentos e confirmou que non será ata 2021 cando conclúe o seu inhabilitación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí