CRTVG

Buscar

O Supremo confirma que os interinos non teñen dereito a indemnización

Publicado o 29/03/2019 20:33

Medio millón de traballadores interinos non terán dereito a indemnización cando se acabe a súa relación laboral. O finiquito que reciben outros empregados temporais ou os indefindios non se lles vai aplicar a este tipo de profesionais que habitualmente cubren as prazas non fixas da administración. Asi o decidiu o Tribunal Supremo nunha sentenza que contou cun voto particular.

"Acatamos esa decisión do Tribunal e apostamos por un proceso de estabilización do emprego, este ano conseguimos unha estabilización dunhas 167.000 prazas, sabemos que se abusa da temporalidade, interinos de longa duración, en sectores como sanidade, educación ou xustiza, entón intentaremos apostar porque se saquen esas prazas

O Supremo pon fin á polémica aberta en 2016 cando o tribunal da Unión Europea ditaminou que os interinos debían recibir unha compensación porque o contrario sería discriminatorio. Daquela, varios tribunais españois, incluido o de Galicia, criticaron que a xustiza europea non tivera en conta o dereito laboral español. Finalmente, o ano pasado os xuíces europeos rectificaron e agora o Supremo reitera que os interinos teñen o seu réxime laboral propio e non teñen dereito a indemnización.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019