CRTVG

Buscar

O Supremo confirma prisión permanente para o Chicle por asasinar a Diana Quer

Publicado o 26/11/2020 14:45

O Tribunal Supremo ratificou a condena de prisión permanente revisable para José Enrique Abuín  Gey, alias o Chicle, polo asasinato da moza madrileña Diana Quer en 2016 na Pobra do Caramiñal.

O alto tribunal ditou unha sentenza na que desestima íntegramente o recurso de apelación de Abuín Gey contra a sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por un delito de asasinato con aleivosía para ocultar outro delito previo contra a liberdade sexual da vítima. 

Tamén confirmou outra pena de 4 anos e un día de prisión por un delito de detención ilegal e un delito de agresión sexual, en concurso medial. Nos dous delitos apreciou a circunstancia atenuante analóxica de confesión.

Os xuíces sosteñen que é posible alcanzar unha conclusión de certeza, máis aló de calquera dúbida, de que os feitos sucederon tal como se plasma na sentenza.