CRTVG

Buscar

O Supremo confirma a condena a Isa Serra por atentado á autoridade

Publicado o 05/07/2021 14:57
O Supremo confirma a condena a Isa Serra por atentado á autoridade

O Tribunal Supremo ratifica a condena á dirixente de Podemos Isa Serra por atentado á autoridade. A exvoceira da formación morada na Asemblea de Madrid fora condenada a un ano e sete meses de prisión e inhabilitación para o sufraxio pasivo polos incidentes coa Policía Municipal de Madrid durante un desafiuzamento en 2014.

Isa Serra recorreu a sentenza e alegou que estaba basada en probas subxectivas, pero a Sala do Penal do Supremo, presidida por Manuel Marchena, confirma a condena contra a exdeputada autonómica de Podemos.

Noticias web

05/07/2021