CRTVG

Buscar

O Supremo condena a catro anos e medio de prisión o falso médico de Ferrol

Publicado o 25/05/2020 21:26
O Supremo condena a catro anos e medio de prisión o falso médico de Ferrol

Presentábase como médico, examinaba enfermos e diagnosticaba todo tipo de enfermidades sen ter un título recoñecido en España para exercer a medicina. Era o que, segundo o Tribunal Supremo, facía o falso médico de Ferrol, Coté, nunha clínica de Vinaroz, en Alacante. Por iso, acaba de condenalo a el e mais o seu socio a catro anos e medio de prisión por estafar nesta localidade unha vintena de persoas.

Aquí en Galicia está pendente tamén doutro macroxuízo pola súa actividade en clínicas similares en Ferrol e en Viveiro, con máis dun cento de persoas afectadas. A Fiscalía pide para el 334 anos de prisión.

Noticias web

25/05/2020