O Supremo avala rebaixar o soldo dos funcionarios que non rendan
Publicado o 18/12/2019 21:05
É sentenza do Tribunal Supremo. As administracións públicas poden reducir ou eliminar o complemento de produtividade dun traballador se acreditan, de forma obxectiva e transparente, que diminuíu o seu rendemento. É dicir, o plus de produtividade non se consolida.
O Supremo rexeita, así, o recurso dunha funcionaria á que lle recortaron parte dese plus na nómina porque o seu superior alegou que non cumpría coas funcións que lle encomendaban.