O Supremo autoriza o traslado dos presos do 'procés' a Cataluña
Publicado o 21/06/2019 13:29

O Tribunal Supremo renitiu un oficio a Institucións Penais no que manifesta o seu visto e prace ao traslado dos nove presos preventivos do " procés" a cárceres de Cataluña ao non existir "obstáculo" nin dilixencias pendentes que "esixan a intervención persoal" dos líderes independentistas. Foi o propio presidente do tribunal do " procés", Manuel Marchena, quen dirixiu este escrito ao secretario xeral de Institucións Penais, dependente do Ministerio do Interior, competente nesta materia. Fíxoo unha vez declinou a petición de liberdade de sete deles