O Supremo arquiva a causa contra Pablo Iglesias polo caso Dina
Publicado o 27/01/2021 21:07
O Tribunal Supremo arquiva a investigación contra Pablo Iglesias polo coñecido como caso Dina. O Alto Tribunal considera que non hai motivos para imputar o vicepresidente segundo en relación ao roubo do móbil de Dina Bousselham, que foi asesora de Podemos.
Por iso o Supremo devolve a causa á Audiencia Nacional, porque considera que aínda lle quedan dilixencias por practicar, como escoitar a Bousselham e, cando remate a investigación, di o Supremo que a Audiencia Nacional decida se lle volve remitir unha nova exposición contra o vicepresidente segundo.
Máis sobre Política
08/03/2021 21:29