CRTVG

Buscar

O Supremo anula o xuízo que condenou un membro do clan dos Moróns

Publicado o 15/05/2019 15:40

O Tribunal Supremo anula o xuízo que condenou a 33 anos de prisión o clan dos Moróns, e obriga a repetir a vista. Considera que existiu unha falta de imparcialidade por parte do xuíz, e apunta que concorren datos suficientes para considerar que foi vulnerado o dereito a un proceso con todas as garantías.

A vista celebrárase no 2017 na Audiencia Provincial de Pontevedra. Nela, Marino Giménez fora condenado a 7 anos de prisión. Xunto a el tamén fora condenado un garda civil, polo roubo frustrado dunha alixo de cocaína a uns narcos da Arousa. Os feitos tiveran lugar na gasolineira dos Valos, onde foran detidos pola Policía Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019