CRTVG

Buscar

O Supremo advirte que podería ser ilegal mandar á casa os líderes do 'procés' durante o estado de alarma

Publicado o 31/03/2020 19:19
O Supremo advirte que podería ser ilegal mandar á casa os líderes do 'procés' durante o estado de alarma

O Tribunal Supremo advirte que excarcerar os líderes do 'procés' podería ser delito e que investigará os funcionarios que o autoricen. O Goberno catalán pedíralles ás xuntas de tratamento das prisións correspondentes que estudaran esta posibilidade para os reclusos en segundo grao que saen traballar fóra. A medida beneficiaría un cento de reclusos, entre eles os condenados polo proceso independentista en Cataluña. Na actualidade só poden permanecer na casa polo estado de alarma os presos en terceiro grao.




 

Noticias web

31/03/2020