CRTVG

Buscar

O Supremo admite o recurso de Castela e León contra o Estado para reclamarlle os 182 millóns do IVE

Publicado o 06/10/2020 14:19
O Supremo admite o recurso de Castela e León contra o Estado para reclamarlle os 182 millóns do IVE

O Tribunal Supremo admite a trámite a reclamación de Castela e León ao Estado pola liquidación do IVE. O conselleiro de Economía e Facenda reclamoulle ao Consello de Ministros en dúas ocasións os 182 millóns correspondentes á liquidación do IVE de 2017.

Ao non obter resposta, o Goberno castelán-leonés interpuxo un recurso ante o Supremo, que agora dá un paso adiante para facer efectiva esa reclamación. A Xunta de Galicia tamén lle reclamou en febreiro ao Goberno central os 204 millóns de euros pendentes do IVE, un requirimento que non obtivo resposta.

Noticias web

06/10/2020