CRTVG

Buscar

O ISIS recomendoulle ao xihadista detido en Marrocos esperar para atentar

Publicado o 18/04/2019 16:54

O suposto xihadista detido en Marrocos pensaba cometer un atentado en Sevilla, pero o ISIS recomendoulle esperar.É o que aseguran os equipos de seguridade marroquí que investigan o caso. Lembran que o mozo, de 23 anos e residente en Sevilla, foi arrestado o día nove deste mes en Casablanca.
O detido entrou en contacto cun líder do ISIS en Siria, que lle propuxo atentar ao estilo dos lobos solitarios. Máis adiante, díxolle que esperara, que tiña que formar unha célula terrorista e agardar instrucións sobre os obxectivos que debía atacar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019