CRTVG

Buscar

O suposto autor do triplo crime machista entregouse en Ames

Publicado o 16/09/2019 17:53

Os cadáveres das tres vítimas estáselle a practicar a autopsia no Instituto de Medicina Legal de Pontevedra.

Tras cometer o triplo crime machista, o suposto autor dos asasinatos, de 45 anos, fuxiu da vivenda de Valga. As forzas de seguridade puxeron en marcha a investigación para dar co seu paradoiro. O home marchara ao concello de Ames, onde decidiu entregarse.

Despois do seu arresto, o suposto asasino, ex-marido, ex-xenro e ex-cuñado das vítimas, permaneceu un tempo nas dependencias da Garda Civil de Ames. Uns minutos antes do mediodía saía destas instalacións cara a Pontevedra.

Segundo o delegado do Goberno en Galicia, non había denuncias previas contra el. O presunto autor do crime está na comandancia da Pontevedra, á espera de pasar a disposición xudicial.



Noticias web

16/09/2019