O suposto autor do crime machista de Mallorca pasará a disposición xudicial nas próximas horas
Nas próximas horas pasará a disposición xudicial o home detido en Mallorca por, supostamente, matar a coiteladas a súa parella na vivenda que compartían.
As concentracións de condena sucédense, e este mediodía o Goberno balear gardou un minuto de silencio en repulsa por este este novo crime machista.
O suposto autor do crime machista de Mallorca permanece nos calabozos da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial.
Foi arrestado no piso que a parella compartía desde hai poucas semanas. O home ten 59 anos e nacionalidade española. A vítima, unha muller alemá da mesma idade, recibiu cinco coiteladas no peito e o abdome durante unha disputa ocorrida na mañá deste domingo. As feridas provocáronlle unha grande hemorraxía e morreu antes de chegar ao hospital.
Este mediodía gardouse un minuto de silencio fronte á sede do Goberno balear en repulsa por este novo crime machista.
No que vai de ano, 44 mulleres morreron en España a mans das súas parellas ou ex-parellas.