CRTVG

Buscar

O Súper Peixiño de Opromar: campaña onde comer pescado ten premio para os nenos

Publicado o 04/07/2021 20:11

Opromar, a Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín lanzou unha campaña que remata o vindeiro mércores que ten como protagonista a Súper Peixiño. Este heroe azul, como Galicia, convida aos pequenos que coman pescado. Por cada 20 euros de peixe consumidos no supermercados Gadis hai un album con cromos gratis e un sorteo de diferentes regalos infantís.

Cóntanos o xerente de Opromar que esta campañá, máis aló de querer vender máis peixe, xorde como reacción aos estudos que manexan que reflicten o aumento desproporcionado da obesidade infantil, especialmente entre os 6 e os 9 anos. O proxecto tivo a súa primeira fase en plena pandemia, no 2020.

Esta segunda fase da promoción, que rematará esta semana, ampliou o seu radio de influencia á terra de Castela e León para chegar a máis de 250 nenos. Porque ás veces comer peixe ten premio.

Noticias web

04/07/2021