CRTVG

Buscar

O sumario establece que intentaron eliminar o sangue da cara da pequena Desireé

Publicado o 08/07/2019 15:25

O sumario da causa recolle que algúen puido lavar a cara da pequena Desireé co propósito de eliminar calquera rastro de sangue. Lembremos que a autopsia concluíu que a nena faleceu por asfixia. Os investigadores encontraron sangue na almofada coa que, presuntamente, a súa nai asfixiou a menor, así coma no seu pixama, nun calcetín e nunhas zapatillas de deporte que había ao lado da cama no chan. Uns indicios que fixeron que os investigadores dende o principio investigasen o caso como morte violenta e non natural. A nai da menor, a única investigada polo crime, foi dende o principio a principal sospeitosa polas contradicións no relato dos feitos e a súa actitude ante os axentes. A muller, que está baixo prision provisional sen fianza por un delito de asasinato ou homicido, segue aquí no Hula no módulo de custodia de presos á espera de que lle dean a alta e a trasladen ao cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019