CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O Star Center Uni Ferrol acada ante o Estudiantes a 12º vitoria da temporada

Publicado o 13/01/2018 15:12


O Star Center Uni Ferrol chega á Copa con grandes sensacións pero sabendo que, se non se centra, sofre. Iso pasou ante o Estudiantes no Magariños. Os primeiros instantes foron un auténtico corricar, moito ritmo pero escaso acerto. As madrileñas vencían por catro, 30-26 no descanso. A igualdade mantívose ata os derradeiros 6 minutos. 53-50 gañaban as colexiais. Bea Sánchez, María Araújo e Jamie Scott colleron o mando, leron moi ben o partido, dominaron o rebote e anotaron con facilidade. 6-25 de parcial para acadar a duodécima vitoria da temporada. Jamie Scott, con 21 puntos, foi a máxima anotadora do encontro. Sensacionais, outra xornada máis, a parella de pivotes das ferrolás. María Araújo meteu 13 puntos e apañou 14 rebotes para sumar 30 de valoración. 31 para Bea Sánchez por mor dos seus 19 tantos e 10 rexeitamentos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí