CRTVG

Buscar

O Spórting gaña por 1-3 en Pontevedra

Publicado o 02/08/2017 21:42

Deixamos o Barça e imos co Pontevedra, que acaba de xogar co Spórting de Xixón, segundo rival do Lugo na liga.

Non tivo moitos apuros o equipo asturiano para conquistar o Trofeo Cidade de Pontevedra. Mediada a primeira metade marcou para o Spórting o galego Juan Rodríguez, ex do Somozas. 

Uns minutos despois empatou para o Pontevedra o dianteiro Jorge, unha das fichaxes do equipo de Luisito esta temporada.

O Spórting resolveu o encontro na segunda metade con dous goles: un de Pablo Pérez, que amosou pillería dentro da área para culminar unha falta, e outro de Rubén García, xogador que está no conxunto de Paco Herrera cedido polo Levante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2017