CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O Spinner, o xoguete que arrasa entre os rapaces

Publicado o 18/05/2017 21:32

Se teñen nenos na casa xa saben de sobra o que é un spinner. É o xoguete de moda entre os rapaces que o fan xirar sen parar. Eles din que entretén e axuda a liberar estrés.

Hoxe en día é so un xogo pero inventouse hai 20 anos para axudar os nenos con hiperactividade. O spinner provoca controversia entre os profesores que din que é un elemento de distracción nas aulas.

O único que fai é dar voltas e máis voltas, pero ainda que pareza mentira a base de xirar e xirar o Spinner converteuse no xoguete que arrasa entre os rapaces.

A moda chegou hai cousa dun mes a España e xa hai xogueterías onde está esgotado

A febre do Spinner xera controversia na comunidade educativa e xa hai quen alerta da adicción dos nenos a un xoguete que non poden deixar nin cando están dentro das aulas. O boca a boca logrou estendelo, pero a orixe do fenómeno está en Internet.

Só o tempo dirá en que queda un fenómeno ao que profesores e alumnos non paran de darlle voltas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/05/2017