O SpaceX xa está en órbita abrindo a turistas os voos espaciais
Publicado o 16/09/2021 16:28
Xa están en órbita os primeiros catro turistas espaciais da historia. A tripulación da nave espacial de Elon Munsk, o multimillonario propietario de Tesla, xa están en órbita. É a primeira misión deste tipo que non leva astronautas profesionais e abre o camiño ás viaxes espaciais para os civís.
Orbitarán durante tres días a unha distancia de 575 quilómetros da terra e darán unha volta completa ao planeta cada 90 minutos, a 22 veces a velocidade do son. A engalaxe foi un momento histórico que se retransmitiu en directo, segundo a segundo, e que mesmo mereceu a felicitación do xefe da NASA, Bill Nelson.