CRTVG

Buscar

O sorteo do Neno deixa beliscos dos tres primeiros premios por toda Galicia

Publicado o 06/01/2021 12:28

• O primeiro premio, o 19.570, tocou en Tomiño, As Pontes, O Porriño, Mondariz e Burela; o segundo, o 03.436, e en Cangas, e o terceiro, o 05.587, en Boiro, Carballo, Guitiriz, Muíños, Leiro e Lugo

Volveu a sorte a Galicia polos Reis. O 19.570, o primeiro premio do sorteo do Neno, tamén tocou aquí. Repetiron no Porriño, onde xa caera un belisco do Gordo de Nadal. E foi nesta mesma administración.

O primeiro premio, dotado con 2.000.000€, tocou no 19.570, e caeu en varias vilas galegas: Tomiño, As Pontes, O Porriño, Mondariz e Burela.

O segundo, de 750.000€, foi para o número 03.436, e caeu en Cangas.

O terceiro premio, dotado con 250.000€, tocou no 05.587 e caeu por Boiro, Carballo, Guitiriz, Muíños, Leiro e Lugo.

Repiten celebración nunha administación do Porriño. Aquí venderon un primeiro e un terceiro premio do sorteo do Neno, un décimo de cada un deles, dotados con 200.000 e 25.000 euros.

Polo momento, non apareceron os gañadores, pero os loteiros están contentísimos porque ademais repiten experiencia, logo de vender tamén un décimo do gordo de Nadal. Nestas festas viron como os veciños facían cola aquí para poder mercar unha peza de sorte