CRTVG

Buscar

Raphael, Rozalén e Vetusta Morla, entre as actuacións do Son do Camiño-Perseidas

Publicado o 04/06/2021 16:13

Presentado o cartel do Son do Camiño-Perseidas, unha proposta alternativa ao festival que por segundo ano consecutivo ten que se aprazar por mor da pandemia.

O ciclo de concertos, que se vai celebrar no Monte do Gozo, comeza o 14 de xullo coas actuacións de Rozalén e Guadi Galego. Melendi será o encargado de pechalo o 8 de agosto.

As entradas para este evento sairán á venda nos vindeiros días. O formato será máis reducido, cun público máximo de 5.000 persoas por xornada.

Programa completo

-14 de xullo: Rozalén e Guadi Galego.

-15 de xullo: Camilo e Pablo Lesuit.

-16 de xullo: Andrés Suárez, Xoel López e Sabela.

-17 de xullo: Vetusta Morla e Furious Monkey House.

-22 de xullo: Ara Malikian.

-24 de xullo: Beret e David Rees.

-29 de xullo: Estopa.

-30 de xullo: Izal e Maren.

-1 de agosto: Raphael.

-7 de agosto: Loquillo.

-8 de agosto: Melendi.

Presentación oficial

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentaron o ciclo nun acto que se desenvolveu no Monte do Gozo.

Ambos os dous quixeron deixar claro que o evento se adapta "ás circunstancias da pandemia". Neste sentido, salientaron que cumprirá con todas as medidas de prevención necesarias para garantir a seguridade e "volverá situar Galicia como referente musical".

Noticias web

04/06/2021