CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O son de milleiros de tambores amenizan a Festa do Monte da Guarda

Publicado o 12/08/2018 14:57
A Guarda celebra hoxe a súa tradicional Subida ó Monte. Trátase dunha das romarías laicas máis antiga de Galicia.
Case catro quilómetros de subida que as diferentes bandas amenizan co retumbar de milleiros de bombos e tambores. A famosas treboadas que lembrarn os vellos sons de guerra das antigas tribus celtas.


Desafían a gravidade subindo ben equipados o cumio do monte de Santa Tegra a 341 metros sobre o nivel do mar. A ritmo de milleiros de bombos e tambores cumpren cunha tradición que da vida a unha das romarías máis antigas de Galicia.

Máis dunha vintena de bandas mariñeiras alcuman esta tradicional subida ó monte. Hoxe a néboa restou protagonismo a unha paisaxe a vista de paxaro onde o son dos tambores fai retumbar toda unha vila. No alto agarda a troulada, a familia, un bo xantar e por suposto o viño.

E despois de todo isto a tradición manda xurar fidelidade as bandas e fano con viño tinto para celebrar esta relación co monte. O desexo de todos, volver o ano que vén.