CRTVG

Buscar

O Son das Perseidas abre a temporada de concertos con estritas normas de seguridade

Publicado o 14/07/2021 09:15

Os concertos organizados non estarán afectados polas restricións que este mércores vai anunciar Sanidade, segundo o que viñeron apuntando as autoridades nas últimas horas.

Hoxe comeza en Santiago o Son das Perseidas, o festival en pequeno formato co que os organizadores do Son do Camiño queren facer a transición cara ao próximo verán, cando regresarán os macroconcertos. Estivo no aire ata o último momento, pero finalmente parece que si irá a música ao Monte do Gozo.

O Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña aseguraba este martes que os concertos coma estes, en que existe un protocolo de organización e se toman medidas anticovid−19, distan desas concentracións improvisadas e dos botellóns, que son o que preocupa os resposables sanitarios.

Esta noite subirán ao escenario do Monte do Gozo dúas mulleres: Guadi Galego e Rozalén. O recinto está xa listo para aocoller este concerto. Todos os que acudan deberán estar sentados, e para consumir comida ou bebida deberán saír do recinto do auditorio. Para completar esta oferta, haberá actividades infantís e DJ. 

Noticias web

14/07/2021