O soldo medio subiu un 3% en Galicia en 2018
Publicado o 24/09/2020 19:15
O salario medio dos galegos subiu un 3% en 2018 con respecto ao ano anterior. É o último exercicio do que ten datos o Instituto Nacional de Estatística.
Segundo o seu informe, en 2018, os galegos gañabamos de media algo máis de 22.000 euros ao ano, case 2.000 euros menos que a media nacional. Subiron máis os soldos das mulleres que os dos homes, o que permitiu reducir a fenda salarial. Aínda así, unha muller segue gañando un 11% menos que un home en traballos semellantes.