CRTVG

Buscar

O sol volve quentar con forza tras varios días de temperaturas suaves

Publicado o 12/08/2017 22:00

Santiago e Lugo roldaron os 27 graos, pero chegarán mesmo aos 30. No terzo norte, a suba foi máis lixeira, o tope do mercurio estivo nos 22 graos, pero ascenderá ata catro graos máis

A influencia anticiclónica permitirá esta fin de semana gozar de terrazas cheas no interior e de praias ateigadas na costa norte tamén. Santiago e Lugo que roldaron durante esta xornada os 27 graos, chegarán mesmo aos 30. No terzo norte, a subida foi máis lixeira, o tope do mercurio estivo nos 22 graos, pero subirá ata catro graos máis.

Malia que a subida das temperaturas continuará durante a xornada do domingo, o vento do nordés contribuirá a aminorar a sensación de calor. Iso si os quince graos da auga do mar serán máis difíciles de sobrelevar.

Tanto os galegos coma os turistas agardaban con ansia un agosto con ceos despexados e máis calor, aínda que en Ourense as máximas serán altas e chegarán aos 36 graos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017