CRTVG

Buscar

O sol volve encher as praias

Publicado o 13/08/2019 14:43

A praia de Samil xa estaba chea esta mañá e aínda non eran nin as 11. Había moitas ganas de tempo autenticamente estival e parece que hoxe está a ser ese gran día. Subiron as temperaturas máximas e nótase sobre todo nas praias das Rías Baixas que amosan por fin unha imaxe típica do mes de agosto.

Con 30 graos Ourense terá hoxe a máxima de Galicia. Vigo e Ponteveda séguena de preto con termómetros que arestora están chegando aos 26. A praia de Samil é hoxe un fervedoiro e non só o areal, tamén as terrazas e o paseo están cheos de xente.

No resto de Galicia tamén se está a notar esta influencia das altas presións. O ceo está pouco anubrado ou despexado cos termómetros en ascenso tras a desaparición da néboa matinal que se formou no interior. O vento está a soprar frouxo de compoñente norte. Así que hoxe toca praia e mellor aproveitala porque para mañá está prevista a entrada dunha fronte moi pouco activa, pero que deixará algunha choiva feble polo noroeste. O xoves volve o tempo de verán.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019