CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O sol de primavera é igual de beneficioso que o de verán pero hai que evitar a sobreexposición

Publicado o 13/04/2017 21:35

Máis calor do habitual na Semana Santa. Este sol de primavera ten os mesmos beneficios e riscos que o de verán. Cómpre precaución.

Hábitos de verán en primavera: praia, paseos, terraceos... E dir dise que co sol deste tempo, ao pouco tempo, veñen os sufocos, os esbirros ou os mareos...


"Todo iso é só un mito popular. Eses esbirros, as dores de cabeza... Que nos dan máis nesta época non son porque o sol desta estación sexa distinto ao doutra. En realidade ten que ver coa calor, non co sol. Coa calor afloran os virus que se contaxian... O sol deste tempo fai o mesmo dano que o de verán. A sobreexposición ao sol produce, coma pouco avellentamento da nosa pel... Se nos pasamos, co tempo pode dexenerar en cancro de pel", di María do Pilar Rodriguez Fernández, profesora de Medicina da Universidade de Santiago.

Especialmente os nenos, persoas de idade avanzada ou con medicación ou patoloxías, deben hidratarse moito. E co sol, hai que comezar aos poucos e cada día tomar un pouco máis, cinco minutos maís, sen sobrepasar a media hora, e mellor en movemento. E moito mellor case imprescindible, protección mínimo de 30 e mellor de 50 ou máis para a pel. E protección na cabeza e con lentes solares para evitar cicatrices nos ollos. E ollo, porque tendo ollo, tomar o sol directo, sen vidros polo medio, axuda e moito.


"O sol é moi bo e para moitas cousas. Grazas a el podemos sintetizar a vitamina D que é imprescindible. Grazas a ela melloramos os procesos de desenvolvemento e de crecemento e fortalecemos os ósos. Amais, reforza o noso sistema inmunitario", di María do Pilar Rodriguez Fernández, profesora de Medicina da Universidade de Santiago.

inserton psicologo 10.21, 9.51, 12.03, 12.27,12.45, 13.56
"Esa mesma vitamina D do sol é neurotransmisora de serotonina e todos sabemos que iso mellora o ánimo das persoas, con sensacións máis positivas. A luz e a claridade dannos percepcións de felicidade. Pero non debemos deixar que os nosos estados de ánimo dependan do tempo. Temos que cultivar o autocontrol", explica o psicologo Julio Prol.

É tempo de positivizar, co tempo.


"Continuaremos con tempo seco e solleiro o resto da Semana Santa. Contra a fin de semana refórzase o anticiclón", adianta Ana Celia Vázquez, do tempo Tvg.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/04/2017