CRTVG

Buscar

O socialistas galegos seguen reprochándolle ao PP o caso da alcaldesa de Boimorto

Publicado o 12/02/2021 19:27

O socialistas galegos seguen reprochándolle ao PP o caso da alcaldesa de Boimorto, que se vacinou sen estar nos grupos prioritarios. Os populares recordan que xa dimitiu do partido. Aseguran tamén que quedou en anécdota comparado coa actitude do exministro Illa, que se negou a facer unha PCR.

O Concello de Boimorto celebra esta tarde un pleno extraordinario en que a alcaldesa vai dar explicacións sobre a súa vacinación irregular  contra a covid. A rexedora vacinouse na residencia de titularidade municipal malia non formar parte do cadro de traballadores. Pero ela alegou que facía funcións de xefa de persoal.

Tras coñecerse estes feitos o PP abriulle expediente, pero a alcaldesa deuse de baixa do partido. Agora convocou este pleno a petición de PSdeG e BNG que piden a súa dimisión.

Noticias web

12/02/2021