CRTVG

Buscar

O PSOE presidirá as Canarias, as Baleares e A Rioxa

Publicado o 20/06/2019 20:40

É o tetrapartito que pon fin a 26 anos de presidentes nacionalistas nas Canarias. O PSOE, Nueva Canarias, Sí Podemos e Agrupación Socialista Gomera acordan un executivo de coalición que encabezará o socialista Ángel Víctor Torres.

Ángel Víctor Torres, secretario xeral do PSOE de Canarias, di que "como forza máis votada, empezamos esa rolda que culmina hoxe cun acordo que establece que temos 37 deputados que van apoiar esa investidura e por tanto unha maioría absoluta"

No outro arquipélago, tamén o PSOE encabezará un goberno de coalición. Francina Armengol revalidará mandato con Juan Pedro Yllanes, de Podemos, como vicepresidente e dúas consellerías en mans dos econacionalistas de Més per Mallorca. Na Rioxa, despois de 24 anos, o PP sae do goberno. A socialista Concha Andreu será a próxima presidenta co apoio de Podemos. En Murcia, PP e Ciudadanos asinaron un acordo programático para un goberno de coalición. Para sumar maioría necesitan a VOX, que tamén esixe entrar no executivo a cambio dos seus 4 votos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí