CRTVG

Buscar

Alfredo Llano, do PSdeG, alcalde de Burela medio ano despois das eleccións

Publicado o 07/12/2019 13:14

O socialista Alfredo Llano foi elixido por maioría absoluta do seu grupo, coa abstención do Bloque Nacionalista Galego e o voto en contra do PP.

A investidura do alcalde chega 7 meses despois das eleccións municipais, pero hai continuidade para o equipo de goberno que estaba en funcións. A investidura normaliza a vida municipal de Burela que, durante máis de medio ano, contou cunha corporación en funcións. 

Coa celebración este mediodía do pleno de constitución neste concello lucense, logo da repetición electoral nunha mesa o 17 de novembro, o mapa municipal galego queda actualizado por completo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí