CRTVG

Buscar

O 'smartphone' como aliado para aturar o confinamento

Publicado o 26/03/2020 15:25

Que o confinamento obriga a cambiar hábitos é algo obvio. E de que maneira!

O teletraballo, case testemuñal antes da pandemia, é agora maioritario, co 'smartphone' como gran aliado e o WhatsApp como aplicación estrela.

Televisión e prensa en liña son as nosas principais fontes de información nunha situación excepcional en que non confiamos demasiado nin no Goberno, nin nos partidos, nin no empresariado... nin siquera en nós mesmos como cidadáns para afrontar esta crise.