CRTVG

Buscar

O sistema sanitario de Madrid está ao límite, segundo Álex Quirós, médico de La Paz e infectado por coronavirus

Publicado o 17/03/2020 14:33

Álex Quirós, médico do hospital madrileño La Paz: "A situación é como unha empresa que está ao 200 %. Todo o sistema está entregado intentar conter o volume de pacientes que se vai recibindo e garantindo que o resto de pacientes con outras patoloxías non se vexa afectado por isto"

Así decribe Álex Quirós, médico do hospital La Paz e infectado por coronavirus, a situación do sistema sanitario en Madrid. Lembra as peculiaridades de loitar contra un virus que esixe unhas condicións de traballo moi especiais.

Álex Quirós, médico do hospital madrileño La Paz: "Para cada paciente temos que cambiar equipo. Iso supón un gasto de material brutal. Esperamos que coas medidas do Goberno se poida suplir e garantir que os profesionais teñamos todo o material posible e poder dar asistencia como fai falla"

Tamén explica cales son as posibilidades de contaxio.

Álex Quirós, médico do hospital madrileño La Paz: "Hai un estudo en que parece que todos os pacientes a partir do oitavo día, aínda que teñan virus no nariz e na boca, ese virus non é quen de contaxiar. Hai outros casos en que é máis tempo, pero parece que a partir do oitavo día diminúe moitísimo".

Lembra que o período máis contaxioso é o da incubación e o principio da infección, de aí a importancia do confinamento na casa para cortar a cadea epidemiolóxica.

Noticias web

17/03/2020