CRTVG

Buscar

O sistema informático de reconto de votos fallou nun simulacro do proceso electoral

Publicado o 12/05/2019 13:53
O sistema informático de reconto de votos fallou nun simulacro do proceso electoral

Segundo publica La Voz de Galicia, o sistema informático de reconto de votos para as eleccións municipais, autonómicas e europeas fallou onte nun simulacro do proceso. 

Os encargados do reconto foran convocados este sábado para ese simulacro, que inclúe o escrutinio en cada mesa electoral da participación e da votación dos electores, pero o sistema non conseguiu funcionar. O erro coincide cun cambio da empresa que se fai cargo do reconto. Nas eleccións xerais foi Indra e nos comicios do 26-M será Scytl, tras facerse co concurso.

Esta empresa xa fora noticia hai unhas semanas cando un grupo de expertos informáticos lograron entrar no sistema e piratealo. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019