CRTVG

Buscar

O Sinn Féin gaña as eleccións e creba o bipartidismo en Irlanda

Publicado o 10/02/2020 09:11

O Sinn Féin rompe o bipartidismo en Irlanda e sitúase como a forza máis votada. A asignación de escanos aínda non está completada, pola complexidade do sistema electoral, pero parece claro que ningún partido superará os 40 deputados e que a iniciativa para formar goberno lle correponderá a Mary Lou McDonald. A líder do Sinn Féin anuncia que falará con todos, pero amosou a súa preferencia polo Partido Verde e outras tres formacións minoritarias de esquerda.

Os dous partidos que tradicionalmente disputaron o poder, o Fine Gael e o Fianna Fáil, foron suavizando o seu discurso sobre o Sinn Féin e a súa pasada relación co IRA. Pasaron 15 anos desde o cesamento da loita armada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020