CRTVG

Buscar

O sindicato USO acusa o alcalde de Ferrol de prevaricación

Publicado o 20/12/2018 15:49

O alcalde de Ferrol e o concelleiro de Seguridade fan fronte a unha denuncia por prevaricación interposta polo sindicato USO. Faino en relación aos concursos públicos de servizo de seguridade nos recintos municipais da Feira de Mostras e do centro comercial Porta Nova.

O sindicato, que representa os traballadores despedidos destes servizos hai un ano, considera na súa denuncia penal que o Goberno local puido cometer outro delito de discriminación laboral e vulnerar a libre competencia. Desde o Concello din que a situación non é imputable ao seu labor, xa que o concurso saíu tres veces a licitación e nos tres casos quedou deserto.

Basilio Febles, secretario da Federación de Seguridade Privada FTSP-USO: "Unha actitude neglixente e irresponsable do alcalde. Nós entendemos que pode haber un suposto delito de prevaricación por omisión e por non querer arranxar o problema. Froito diso hai dous servizos que teñen a obriga de ter vixilancia que non a teñen e doce traballadores que deberían estar traballando e actualmente están sen traballo".

Jorge Suárez, alcalde de Ferrol: "Creo que non ten percorrido ningún. Estou afeito a este tipo de anuncios que non teñen máis camiño ca o arquivamento xudicial".

Noticias web

20/12/2018