CRTVG

Buscar

O Sindicato Unificado da Policía reclama máis axentes para Galicia

Publicado o 30/01/2020 15:08

Reclamación da Policía Nacional ao Goberno central. Din que cos efectivos actuais é imposible garantir a seguridade, sobre todo pensando no próximo reto que está ás portas en Galicia: o Xacobeo.

O delegado do Goberno en Galicia responde comprometéndose a aumentar o número de prazas.

Dende o Sindicato Unificado da Policía din que o déficit é o máis alto da última década en Galicia. Explican que faltan 640 axentes e piden que, como mínimo, no próximo concurso de méritos, se cubran 256 prazas.

Noticias web

30/01/2020