CRTVG

Buscar

O sindicato médico CESM eleva a 200 os vacinados en Pontevedra sen relación directa coa covid−19

Publicado o 26/01/2021 09:02

O sindicato médico CESM eleva a 200 os vacinados na área sanitaria de Pontevedra sen relación directa con pacientes de covid−19. Asegura que, canda os 17 informáticos que recoñece o Sergas, hai persoal de admisión, laboratorios e dirección, de cociña e outros traballadores non esencias que tamén recibiron a primeira dose en detrimento dos profesionais que están en primeira liña. O sindicato reclama que se aclare o ocorrido e se tomen medidas.

Noticias web

26/01/2021