O sindicato de futbolistas quere unha liga en 2ª de 26 equipos
Publicado o 20/08/2020 16:24
O caso Fuenlabrada segue deixando en evidencia os estamentos do fútbol español. A Liga defende unha competición de 22 equipos, a Federación de 24 e hoxe AFE aposta por unha segunda de 26.
A través dun comunicado, a Asociación de Futbolistas Españois presenta unha liga de 26 equipos en Segunda. Cren que deste xeito ningún futbolista se vería prexudicado. A AFE considera que non debería supoñer ningún problema a nivel de competición ou calendario, seguindo a mesma liña que se tomou no fútbol modesto.