CRTVG

Buscar

O si de EH Bildu aos presupostos e unhas declaracións de Pablo Iglesias preocupan a AVT

Publicado o 12/11/2020 10:27

A Asociación de Vítimas do Terrorismo denuncia que son xa 103 os etarras achegados ao País Vasco polo Goberno de Pedro Sánchez.

Ao mesmo tempo, Arnaldo Otegi, anunciaba o apoio de EH Bildu aos presupostos xerais do Estado. Un apoio que aplaudía o vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, que aseguraba nas redes sociais que partidos como Bildu serán os que lideren a dirección do Estado.

A Asociación de Vítimas do Terrorismo amosaba a súa gran preocupación non só polo achegamento dos etarras, senón tamén por estas declaracións de Pablo Iglesias, que na opinión da AVT "dinamitan absolutamente a verdade do que sucedeu neste país, permitindo que sexan os verdugos os que gañen a batalla do relato e, encima, gobernen España".

Noticias web

12/11/2020