CRTVG

Buscar

O Sevilla gaña no minuto 95 e xa está en oitavos da Champions

Publicado o 24/11/2020 21:17
O Sevilla gaña no minuto 95 e xa está en oitavos da Champions

Na Liga de Campións, o Sevilla xa é equipo de oitavos de final. O equipo de Lopetegui derrotou o Krasnodar por 2 goles a 1.

Rakitic abriu o marcador para os hispalenses. O centrocampista croata enganchou un voleón perfecto desde a frontal da área rusa para facer o 0-1. A segunda metade comezou con susto para o Sevilla. Koundé sacou un pé milagreiro para salvar o seu equipo, pero non puido volvelo salvar no minuto 55. Boa xogada trenzada do equipo ruso, que acaba nas botas de Wánderson para empatar o partido. Nos últimos compases de partido, Munir conseguiu o 1 a 2 que garante os oitavos por sexta vez na historia do Sevilla.

Noticias web

24/11/2020