CRTVG

Buscar

O Sevilla gaña en Granada e colócase líder

Publicado o 24/08/2019 11:57

• O Levante remóntalle o Vilarreal con protagonismo do VAR

O que só vise a primeira metade do Levante - Vilarreal non entenderá como o equipo amarelo deixou fuxir un partido que tiña perfectamente controlado. Ekambi rachou unha e outra vez a defensa rival. Nunha desas accións asistiu perfectamente para o gol de Gerard Moreno. Ekambi tivo máis ocasións pero careceu de acerto.

O derbi valenciano deixou ver unha nova polémica, probablemente a que faltaba, do VAR e da arbitraxe. A actitude dos porteiros no momento de lanzar o penalti. O protagonista ou, probablemente, a vítima foi Andrés Fernández. Moveuse antirregulamentariamente no lanzamento de Morales. O árbitro ordenou repetir. Faltoulle ben pouco para deter o disparo de Roger no minto 25 do segundo tempo. Cinco despois, Fernández volve ser actor principal. Erro na saída do balón, penalti claro e segundo para Roger culminando a remontada.

Menos incidencias houbo no derbi andaluz, no que o Granada homenaxeou a un galego que creou escola a carón da Alhambra. O recoñecemento para Fran Rico antes do inicio dun partido do que o Sevilla sae como líder. Todo grazas a un único gol, no minuto 7 do segundo tempo. Jordán aproveita o rexeitamento logo dun contraataque que el mesmo iniciou. Por cero, Nolito volveui ser titular cos hispalenses. Xogou os noventa minutos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019