CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Sevilla empata en Liverpool

Publicado o 14/09/2017 15:23

O Sevilla sacou un meritorio empate de Anfield Road. Empate a 2 goles en Liverpool nun partido de poder a poder. O partido tivo de todo e ata Berizzo, na súa estrea nesta competición, acabou expulsado. Klopp acabou discutindo co axudante de Berizzo e Berizzo disculpándose co alemán no vestiario.

O adestrador arxentino foi expulsado por estorbar nun saque de banda. Cando quixo enmendalo era tarde. Pero levou un punto de Anfield. O Sevilla adiantouse ós cinco minutos nun contrataque que acabou co centro de Escudero e o gol do francés Ben Yedder. Pero o equipo inglés tirou de velocidade e desbordou á defensa do Sevilla. Un ex-sevillista, Alberto Moreno, foi un pesadelo: cunha parede e posterior centro púxolle en bandexa a Firmino o empate para o Liverpool.

A remontada foi obra do exipcio Salah, o máis listo, rouboulle o balón a Nzonzi, deu a volta, disparou e o rebote en Kjaer colouse na portería de Sergio Rico. .. Antes do descanso puido marcar o terceiro o equipo inglés, ao cobrar un penalti claro de Pareja. Pero Firmino errou e lanzou ó poste. A continuación...outra vez Moreno e saca a man Sergio Rico.

E no Segundo tempo, con Berizzo xa na caseta, Marcucci sacou a Luis Muriel e foi clave. Fixo unha parede con Correa e o arxentino estableceu o empate a DOUS. Un punto valioso para estrearse na Champions nun campo difícil, O propio Muriel mesmo tivo a ocasión final para gañar o partido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí