CRTVG

Buscar

O Sevilla, hexacampión da Liga Europa tras vencer 3-2 o Inter en Colonia

Publicado o 21/08/2020 22:55
O Sevilla, hexacampión da Liga Europa tras vencer 3-2 o Inter en Colonia

O Sevilla proclamouse este venres hexacampión da Liga Europa tras superar por 3-2 o Inter de Milán na final que se disputou en Colonia (Alemaña), nun torneo que pasará á historia polo seu atípico formato debido á pandemia de coronavirus.

Ao descanso fóronse con empate a dous goles tras un primeiro tempo eléctrico e con tantos, o primeiro do belga Romelu Lukaku que remontou o holandés Luuk de Jong cun dobrete antes de igualar de novo o uruguaio Diego Godín.

Xa na segunda metade o partido baixou o seu ritmo, pero o central brasileiro Diego Carlos logrou de chilena o 3-2 aos 74 minutos e animouno para a súa recta final, na que o equipo milanés tentouno ante un Sevilla moi gastado fisicamente pero que aguantou o resultado ata o final.