CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O servizo telefónico de auxilio ao cidadán de Portugal recibe 2.000 chamadas ao ano

Publicado o 12/02/2018 20:50

Portugal é un dos países máis seguros do mundo pero estes días saltaron as alarmas despois de sabérense novos datos sobre as denuncias dos cidadáns.

Portugal conta cunha liña telefónica para denunciar casos de abusos sexuais, racismo e violencia en internet. Hai 10 anos que activaron este servizo para que os cidadáns puideran denunciar este tipo de casos sen ter que ir a unha comisaría e facilitarlle as cousas a menores, mulleres e inmigrantes. Pasada a década fan balance e o resultado é que atenden 2000 casos de agresións cada ano. Segundo a ONG Safearound Portugal é o décimo país máis seguro do mundo, España está no posto 20, e é por iso que esta cifra lles parece alta pero está avalado polas forzas de seguridade, que ven fundamental este servizo de atención ao cidadán.

Telexornal Serán

12/02/2018