CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O servizo telefónico de auxilio ao cidadán de Portugal recibe 2.000 chamadas ao ano

Publicado o 12/02/2018 14:56

Portugal reflexiona despois de saberse que a súa liña telefónica de axuda atendeu o ano pasado 2.000 denuncias. Son chamadas de auxilio por abusos sexuais, racismo e violencia.

Segundo a ONG Safearound, Portugal é o décimo país máis seguro do mundo, España está no posto 20, e os portugueses levan anos utilizando estes estudos entre outros para atraer o turismo e tamén como orgullo nacional, pero os datos da súa liña telefónica de axuda preocupan. Hai 10 anos que activaron este servizo para que os cidadáns puideran denunciar casos de violencia sen ter que ir a unha comisaría e facilitarlles as cousas a menores, mulleres e inmigrantes. Pasada a década fan balance e o resultado é que atenden 2.000 casos de abusos sexuais, racismo e agresións cada ano. Esta liña está aberta para atender sobre todo casos en Internet e a pornografía infantil é o aspecto máis denunciado. As forzas de seguridade do país ven fundamental este servizo e o gran número de denuncias xustifican, din, a súa utilidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí