CRTVG

Buscar

O Servizo Galego de Saúde eleva a 26 o número de vítimas a causa da gripe

Publicado o 12/01/2018 20:47

• O BNG reclama un plan de atención primaria dotado con máis persoal e máis recursos

• Tellado di que o Sergas traballa de xeito rigoroso para facer fronte ao andazo

O andazo de gripe comeza a baixar lixeiramente en Galicia. Con todo, o Servizo Galego de Saúde eleva a 26 o número de vítimas a causa do virus. Son 16 máis que hai unha semana. Segundo os datos actualizados, todos os falecidos pertencían a grupos de risco. A metade non estaban vacinados. Nos hospitais galegos hai un total de 406 pacientes ingresados co virus da gripe. O Sergas indica que o nivel de intensidade segue a ser medio.

Dende o BNG consideran que o colapso dos servizos de urxencias nos hospitais é un problema estrutural que non se soluciona con parches. Demandan a posta en marcha dun plan de atención primaria dotado cos recursos e o persoal suficiente.

No PP tamén avaliaron a resposta do Sergas. Consideran que están a traballar de xeito rigoroso e inciden nos datos para destacar que só o 18 por cento das urxencias que se atenden requiren ingreso hospitalario.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018