CRTVG

Buscar

O servizo de Saúde portugués detectou 600 casos de anciáns maltratados na casa

Publicado o 13/02/2018 15:23

 

En Portugal, unha auditoría do servizo de Saúde detectou 600 casos de anciáns maltratados o ano pasado nas súas propias casas. Este tipo de violencia medrou nos últimos anos.

Desde 2010, en Portugal os casos de violencia doméstica contra os anciáns aumentaron un 80%. Esta suba tan acusada ten moito que ver coas campañas do Goberno para que os sanitarios detecten estas situacións en centros de saúde e hospitais e tamén para que os propios cidadáns denuncien, xa sexan veciños ou as mesmas vítimas.

O servizo de Saúde portugués elabora uns informes anuais a través de auditorías en centros sanitarios e o resultado do 2017 volve ser dramático un ano máis. 600 anciáns recoñeceron vivir verdadeiros infernos nas súas propias casas. Insultos, abandonos, malos tratos psicolóxicos, empurróns e nos peores casos agresións físicas máis graves. Segundo a auditoría, o 40 % dos maltratadores son os seus propios fillos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018