CRTVG

Buscar

O Servizo de emerxencias de Mos ofrece aos taxistas da vila desinfectar o seu vehículo de balde

Publicado o 03/05/2020 16:52

Manuel Barciela é un dos 26 taxistas de Mos que teñen á súa disposición este sistema, aínda que o sector non está no seu mellor momento, porque só traballan nove ou dez dos que teñen licenza. A xente cando entra quere saber se todo está ben no interior. O proceso de desinfección ten varias fases.


A máquina de ozono métese co vehículo en marcha e co aire acondicionado posto. No concello están satisfeitos coa iniciativa. O ideal sería que os taxistas pasasen por aquí unha ou dúas veces por semana. O de Manuel Barciela xa está listo.

Noticias web

03/05/2020