CRTVG

Buscar

O Sergas vixía a evolución dos gromos detectados en Ordes, Monforte e Barreiros

Publicado o 22/08/2021 21:02

A transmisión da covid aínda segue aí. E nesta situación séguense a producir gromos, con maior ou menor número de afectados, pero con especial incidencia entre a mocidade.

As autoridades sanitarias vixían o detectado no concello de Ordes, que continúa disparado. Suma 49 contaxios novos. A incidencia acumulada xa está por riba dos 1.100 casos. O martes Ordes rexistraba doce contaxios, este domingo son 146.

En Monforte de Lemos os casos de coronavirus multiplícanse. Xa hai 119 diagnosticados, cando na xornada anterior contabilizaban 76. Afectan, sobre todo, mozos. Estímase que hai varios focos de contaxio. Desta volta non se celebraron as festas patronais, pero todo apunta a que si houbo reunións moi concorridas.

Outro dos gromos que preocupa na provincia de Lugo é o de Barreiros, que parece estabilizado. No hospital da Mariña continúan ingresados dous mozos, relacionados con este gromo que se mantén en 16 casos.

Noticias web

22/08/2021